Giselle, do Ballet de Moscova, representarase en Pontevedra
Por Redacción
O Auditorio da Sede Afundación en Pontevedra acollera o sábado 14 de abril ás 21.00 horas, a representación dunha das pezas máis representativas do romanticismo, Giselle, na interpretación do Ballet de Moscova.
Fundado en 1989 polo bailarín Timur Fayziev, o Ballet de Moscova exhibe un repertorio baseado nas mellores pezas do ballet clásico co que fixo xiras por todo o mundo.
O ballet, con música de Adolphe Adam, coreografía de Jean Coralli e Jules Perrot e libreto de Jules Henry Vernoy e Theóphile Gautier, chega agora a Pontevedra cunha nova xira por Galicia cos mellores solistas rusos que integran a compañía na que destacan CristinaTerentiev, Aleksandr Petrichenko e Alexei Terentiev.