Comeza o Correlingua co Galego como chave do mundo
Por Anxo Lourido
O acto da presentación de Correlingua, a carreira en defensa da lingua galega na que participan escolares ao longo das principais cidades galegas comezaba con atraso. O Teatro Principal agardaba a chegada dos estudantes de Amoeiro de Ourense. Non sabían como entrar no centro de Pontevedra e varios dos nenos mareáranse polo camiño. A súa entrada no Principal foi acollida con aplausos por parte dos estudantes dos centros de Sada e Silleda que agardaban tranquilos nas butacas do teatro á espera do inicio do acto.
A partires do 2 de maio, o Correlingua comezará en Ourense e percorrerá 11 cidades e vilas galegas, entre elas Pontevedra o 6 de maio e Bueu o 10 dese mesmo mes.
No evento celebrado participaron ademais do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o representante de CIG Ensino, Anxo Louzao e a vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Susana Méndez, que lembrou a figura da poetisa Rosalía de Castro.
Lores instou os mozos a que "sexades os soldados que necesitamos para conquistar nosas metas como galegos". Durante o acto entregáronse os premios de banda deseñada, manifesto e vídeo desta edición: