23 de abril: Día Internacional do Libro, que actividades non podo perder?
Por Redacción
Pontevedra engalánase, un ano máis, para a celebración do Día Internacional do Libro. Como cada 23 de abril, desde que a UNESCO aprobouno en 1995, celébrase a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura. Por que esa data? Porque é o día no que faleceron escritores da talla de Miguel de Cervantes e William Shakespeare. E a falta de regalar rosas e libros como en Cataluña, en Pontevedra haberá numerosas actividades.
O Pazo da Cultura acollerá a presentación do novo libro de Agustín Fernández Paz, colaborador habitual do Salón do Libro. Será ás 11:00 horas no Salón de Actos, cando o autor, acompañado de Manuel Bragado editor de Xerais, fale con 50 nenos sobre o seu último título infantil Desde unha estrela distante. Nel narra a historia de Daniela que, mentres pasa uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade, coñece un rato que fala e que en realidade, é un extraterrestre!
Pola súa banda, o Museo de Pontevedra aproveitará este Día do Libro para regalar unha das publicacións editadas pola Deputación de Pontevedra a cada una das persoas que visite as súas instalación. Ofrecerá tamén outras en venda a un prezo máis reducido do que é habitual. A entrega de libros terá lugar na zona acristalada do Sexto Edificio del Museo, entre as 18:00 e as 21:00 horas.
A Biblioteca Pública de Vilagarcía celebrará unha sesión de contacontos ás 10:30 da mañá a cargo de Carmen Domech. Nela contará aos nenos unha historia na que o protagonista explica como os libros da súa casa se volveron tolos. A cada un aconteceulle un suceso incrible e viaxan nunha maleta de acá para alá querendo contar a súa historia. E a partir das 17:00 horas, organizarase un obradoiro de confección de marcapáxinas. Ademais, a Biblioteca disporá dun lote de libros que entregará aos primeiros nenos que acudan ás instalacións culturais.
En Ponte Caldelas, a Biblioteca Pública inaugurará ás 10:00 horas a exposición dos traballos literarios realizados polos alumnos dos colexios Manuel Cordo Boullosa, A Reigosa e o IES de Ponte Caldelas. Ademais, ás 19:00 horas o Salón de Actos do Centro Cultural acollerá un acto no que a poesía e a música estarán presentes. Trátase dunha lectura de poemas con acompañamento musical na que os asistentes poden ler a súa propia composición ou poema.