Pontevedra recupera a Feira do Libro tras nove anos: "Creemos que es el momento", din os libreiros
Por Alejandro Espiño
Tras nove anos de ausencia, a Feira do Libro volverá celebrarse en Pontevedra. Así o decidiu a Federación de Libreiros de Galicia, que incluíu a cidade do Lérez nun amplo calendario ferial que arrincou este pasado fin de semana en Ferrol. Serán once citas en total e ademais de Pontevedra, incorpóranse Foz, Monforte e Rianxo. No caso de Pontevedra, celebrarase entre os días 21 e 26 de maio.
Recupérase, segundo a presidenta da Federación de Libreros, Pilar Rodríguez, "después de que las librerías pontevedresas hayan pasado un momento muy difícil", que dificultó que se puidese volver celebrarse antes. "A ellos les costó algo más estabilizarse tras la crisis, pero ahora que hay libreros dispuestos a participar y se les apoya desde el gobierno local, creemos que es el momento de volver a apostar por ella".
E é que ese é un requisito imprescindible. Case a totalidade dos participantes nestas feiras son os libreiros locais. "Este año se entendía que era un buen momento para intentarlo, ya que también coincidió con la renovación de la directiva de la federación", explica Pilar Rodríguez. "Llegamos con muchas ganas de hacer cosas, sabemos que no vamos a descubrir nada, que está todo inventado, pero trataremos de darle un impulso al sector".
A Feira do Libro de Pontevedra non só porá á venda os libros, cun desconto do 10% con respecto ao seu prezo habitual, senón que ao seu ao redor organizaranse numerosas actividades. Para iso estrearanse novas casetas que permiten abrirse ao cliente, de forma que poidan entrar e saír delas, e utilizarse para firmas de libros. Os escritores virán da man das librerías, aínda que a organización tamén traerá outros autores para complementar a oferta.
Tanto é así que aínda non está decidido onde se celebrará a Feira do Libro. Nun principio pensouse na Praza da Ferrería, pero parece haber un problema de espazo. "Estamos midiendo la zona, porque en el centro de la feria queremos poner una caseta central, mucho más grande, en la que pondremos una biblioteca infantil en donde organizaremos actividades pensadas para los más pequeños".
Do 1 ao 16 de xuño organizarase a Feira do Libro Antigo e de Ocasión, un evento recuperado o ano pasado
E ao remate da Feira do Libro, os libreiros galegos non abandonarán Pontevedra. Do 1 ao 16 de xuño organizarán, esta vez si, na Praza da Ferrería, a Feira do Libro Antigo e de Ocasión, un evento recuperado o ano pasado. A diferenza da feira anterior, non haberá descontos no prezo "porque no tiene sentido, a tratarse de libros en muchos casos de segunda mano", concluíu Pilar Rodríguez.
A Federación de Libreiros de Galicia espera que ambos eventos teñan unha "amplia respuesta ciudadana" como ocorreu esta fin de semana en Ferrol. "Y ya luego si compran mucho mejor, aunque entendemos que la situación económica es la que es". Dela dependerá, sen dúbida, que a presenza de Pontevedra consolídese no panorama literario galego.