A Banda de Música de Pontevedra interpreta os sons da 'Terra Meiga'
Por Diego Torrado
A Banda de Música de Pontevedra (BMP) volvía este domingo a ofrecer un novo concerto dentro do ciclo 'Faise camiño ao andar', acadando unha gran asistencia de público no Teatro Principal.
O repertorio deste concerto, que levaba por título 'Terra Meiga', centrábase en obras de compositores galegos e para esta actuación contou coa colaboración do Coro Infantil Luis García Limeses.
A BMP baixo a dirección de Rafael Agulló ofreceu a obertura do autor Simón Couceiro. A continuación presentou pezas de Xosé Bugallo, Xosé Luis Represas e de Ángel A. Montes Abalde. Por último, a banda estrenou a obra de Xosé Carlos Seráns, 'Lembrade a Fuxan os Ventos', no que participou o coro infantil.
O concerto contou coa intervención das solistas Lucía Lugrís e Irene Parada.
Relacionadas:
-
Sete concertos integran "Sons na Rúa", o ciclo estival da Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción |
-
O 'non á guerra' da Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A BMP 'abraza o Miño' para iniciar con sons de Galicia e Portugal o seu ciclo de primavera
Por Redacción & Diego Torrado |