Para pechar o Nadal, diversión en familia coa Banda de Música e Fantoches Baj
Por Redacción
A programación de Nadal do Pazo da Cultura pechou este domingo 7 de xaneiro cunha xornada de teatro musical para o público familiar celebrada no Teatro Principal.
Alí a Banda de Música de Pontevedra, baixo a dirección do seu director titular Rafael Agulló, protagonizou xunto á agrupación Fantoches Baj o espectáculo 'Os golfiños e o xigante'.
Trátase dun espectáculo baseado no texto do mesmo nome de Inacio Vilariño, co que en 2016 obtivo o Premio Barriga Verde para teatro de monicreques na modalidade infantil.
'Os golfiños e o xigante' achegou aos nenos e nenas presentes ás sombras chinesas, coas que se narra a historia do xigante Bao Xi Shun, considerado polo Record Guiness o home máis alto do planeta e que grazas ao seu larguísimo brazo salva a uns desfines dunha morte segura.