O concerto de Nadal, "aperitivo" do trixésimo aniversario da Banda de Música de Salcedo
Por Redacción
A Banda de Música de Salcedo e a súa coral polifónica ofrecerán o próximo sábado 23 de decembro o seu tradicional concerto de Nadal. Será no Pazo da Cultura de Pontevedra, a partir das oito e media da tarde.
A coral polifónica, baixo a dirección de Sonia Bouzada, ofrecerá un programa de Nadal con panxoliñas moi coñecidas na cultura galega e internacional.
Pola súa banda, a banda de música, baixo a batuta de Marcel van Bree, fará unha primeira parte de música europea e americana e na segunda parte ofrecerá un repertorio máis popular con marcados toques da época de Nadal.
Con este concerto, a agrupación pecha un ano máis na súa exitosa traxectoria coa mente posta xa no próximo 2018, que será moi especial ao cumprir o seu trinta aniversario.
Os responsables da Asociación Músico Cultural San Martiño de Salcedo xa están traballando nunha programación especial para conmemorar este trixésimo aniversario, que se desenvolverá ao longo de todo o ano con concertos especiais e artistas invitados.
Haberá ademais un macroconcerto que reunirá a todos os músicos e directores que teñen pasado pola BMS na súa historia.
Relacionadas:
-
A Banda de Música de Salcedo celebra o seu 30 aniversario
Por Redacción |
-
Comeza a programación do 30 aniversario da Banda de Música de Salcedo
Por Alejandra Iannone |
-
A Banda de Música de Salcedo prepárase para a celebración do 30 aniversario
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido & Diego Torrado |
-
A Banda de Música de Salcedo celebra a festividade de San Bartolomeu
Por Redacción |