Exposición de María Barreiro e Ángel Borrué na Sala VerSus
Por Redacción
A Sala VerSus de la Fundación Cuña-Casasbellas inaugura este martes 16 de abril ás oito da tarde a exposición Estampas de ultramar, con traballos de María Barreiro e Ángel Borrué. Trátase dunha mostra que acolle obxectos e construcións en diversos materiais e técnicas.
María Barreiro (Cádiz, 1971) e Ángel Borrué (Zamora, 1970) coñecéronse na Facultade de Belas Artes da Complutense no ano 1995. Dende entón instaláronse en Vigo e traballan xuntos nun proxecto artístico común, do que forman parte as obras desta exposición. Os dous teñen empregado o seudónimo Píldoras Crumelus para presentar outros traballos como Nada:Sombra.
A exposición permanecerá aberta na sala situada na rúa Álvarez Limeses ata o 30 de maio e poderá visitarse os luns e sábados de 11 a 14 horas polas mañás e de martes a venres nese mesmo horario matutino e tamén pola tarde de 18 a 21 horas. A entrada é libre.