Música para aprender a cociñar con Mamá Cabra e 'Eu cociño, ti cociñas?'
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/57c3f9decc-img-20160829-wa0030.jpg)
Por Diego Torrado
O grupo de música infantil Mamá Cabra púxolle ritmo este domingo á programación do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, cun concerto no auditorio do Pazo da Cultura no que presentaron o seu novo traballo, Eu cociño, ti cociñas?.
Trátase dun novo libro cheo da música e diversión habituais de Mamá Cabra que, ademais, pode considerarse o máis delicioso do grupo, pois está cheo de receitas e cancións para que os nenos deleiten aos maiores cos mellores sabores.
Batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz. Todos estes instrumentos son os que adoitan utilizar os músicos de Mamá Cabra e este domingo empregaron boa parte deles para trasladar aos asistentes ao Culturgal as súas novas propostas.
'Eu cociño, ti cociñas?', de Mama Cabra, no Culturgal
O grupo de música infantil Mamá Cabra púxolle ritmo este domingo á programación do Culturgal cun concerto no auditorio do Pazo da Cultura no que presentaron o seu novo traballo, Eu cociño, ti cociñas?
© Diego Torrado