Un Don Quixote reencarnado en José Sacristán tratará de conquistar ao público pontevedrés
Por Redacción
Yo soy don Quijote de la Mancha, a máis recente montaxe teatral do actor José Sacristán, continúa de xira e chega a Pontevedra. Da man da obra social de Novacaixagalicia, os pontevedreses poderemos gozar desta fantástica obra de teatro o vindeiro xoves 18 de abril ás 20.30 horas. Será no Centro Social de Novacaixagalicia, situado na rúa Augusto González Besada.
O espectáculo trae un elenco de excepción, formado por José Sacristán, Fernando Soto, Elena Ramos e José Luís López, e está dirixido por Luís Bermejo, que interpreta unha obra de José Ramón Fernández, Premio Nacional de Literatura Dramática 2011.A peza foi estreada no Festival de Almagro e, tralo seu paso polos festivais de San Javier en Murcia e Olmedo en Valladolid, recala agora en Pontevedra.
O papel de don Quixote está interpretado por José Sacristán, franqueado polo seu inseparable Sancho (Fernando Soto) e a filla deste, Sanchica (Almudena Ramos), todos eles acompañados no escenario polo violonchelista José Luís López.
Xuntos recrearán algunhas das famosas aventuras e desventuras do hidalgo escritas por Miguel de Cervantes. Pretende ser unha aposta pola bondade das persoas, expresada no desexo dun home, don Quixote, que quere axudar aos demais.
O espectáculo inclúese dentro da tempada de abonos que Novacaixagalicia programou para 2013, os cales supoñen un 20% de desconto respecto das entradas soltas. Os interesados en comprar billetes soltos poderán facelo a través das canles habituais: a taquilla telefónica 902 504 500 ou a web www.servinova.com.