ÿpera a cargo da Banda de Música de Vilagarcía no Auditorio arousán
Por Redacción
A Banda de Música de Vilagarcía de Arousa ofrece este domingo 14 a partir das nove da noite un concerto cunha versión dunha das oberturas do repertorio operístico de Rossini entre unha ampla selección de obras clásicas para aqueles afeccionados á música en xeral que desexen achegarse ata o Auditorio da vila.
A agrupación que dirixe Jesús Nogueira fará un percorrido pola abertura de La Gazza Ladra de Rossini e tamén pola partitura Paco Campillo de José Salvador González. Na segunda parte do concerto, a Banda interpretará os Camiños da Luz de Santiago Fontes e Rubicon de Bert Appermont coa intervención da soprano solista, Marina del Carmen Penas. O concerto finalizará con Blades of Toledo do compositor Trevor Sharpe.
A entrada será libre ata completar o aforo.