As Cóxegas levan o público a un acrobático viaxe polo tempo
Por Redacción & Diego Torrado
Unha viaxe de catro personaxes a través do circo e o teatro. É o fío condutor de Oopart. Historia de un contratiempo, o espectáculo que a compañía andaluza Tresperté ofreceu este domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do Festival das Cóxegas.
Cunha escenografía desenvolvida e un ritmo frenético, os espectadores quedaron enganchados desde o primeiro minuto a unha montaxe que incluía portes acrobáticos e moitos elementos cómicos.
En Oopart. Historia de un contratiempo, o público puido viaxar a través do tempo da man dunha peculiar tripulación que aterrou ante os seus ollos ofrecéndolles vivir numerosas aventuras. Para convencelos, empregaron os seus mellores reclamos e os seus asombrosos números circenses.
O Festival das Cóxegas continuará en Pontevedra todos os domingos de novembro. A próxima cita será o próximo día 19 con Home de area, un espectáculo de danza da compañía galega Ballet Norte.