![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ec2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/591dd41e8e-20170518-patxot-radio-conversas-largo-castelao-006.jpg)
© Mónica Patxot
RADIO.- Pontevedra estrea o docudrama "Castelao. De chumbo á verba" e viaxará a Bos Aires
![Marisa](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577155e6db-5735c17382-20160513-patxot-marisa-ciordia-203-ok-pontevedraviva.jpg)
Por Marisa Ciordia
"Castelao. Do chumbo á verba" é o título da mediometraxe que este sábado 20 de maio vai estrear no Pazo da Cultura ás 20 horas. Un título que responde a un xogo de palabras ideado por Armando González, responsable xunto á fadista María do Ceo, da banda sonora deste docudrama que mostra a vida do político en Pontevedra.
Nestas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio contamos co director Miguel López e co director de fotografía Diego Dójer. A idea xurdiu coa edición do libro "Roteiro Castelao" polo Concello desta capital no ano 2000. Non foi ata 2011 cando o director novel puido exporse sacar adiante o proxecto. E aínda pasaron cinco anos máis ata que se iniciou a rodaxe. Unha travesía ardua, na que Miguel López tivo algún intento de tirar a toalla. Con todo, o tándem Marisa Chamadoira (a súa muller e encargada de vestiario) - Diego Dójer, impedírono.
Para a repartición tiña claros dous nomes propios da escena galega: Miguel Pernas e Uxía Blanco. A estes se sumanron Yolanda Vázquez, Silvia Romaus e Iago Novoa, un pequeno artista que atrapou ao director durante o casting. En total, unhas 60 persoas están involucradas nesta mediometraxe que se rodou o pasado setembro. Anécdotas hai para escoller e un bo elenco lémbranas nesta charla.
Unha vez se estree, distribuirase en colexios da comunidade e en centros galegos de España. Prevese igualmente presentacións en Narón e Ferrol; solicitouse a súa exhibición en Barcelona e mesmo contan cunha invitación para facer unha estrea no centro galego de Bos Aires. Alí onde morreu o escritor de Rianxo en 1950.