Luis Piedrahita fala de 'Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas' en Vilagarcía e Pontevedra
Por Redacción
O humorista galego Luís Piedrahita ofrece o domingo 14 de maio ás 19.30 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía o seu novo espectáculo, que leva por título 'Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas'.
O coñecido como "O rei das cousas pequenas" e colaborador de programas televisivos como 'El Hormiguero' mostra neste traballo, que dura case unha hora e media, que a vida é como un hotel, un sitio no que se está pouco tempo e no que temos que levarnos todo o que podemos, segundo manifesta o cómico neste espectáculo de humor.
As entradas para o espectáculo de Vilagarcía pódense adquirir xa a través de Ticketea e no teléfono 902 044 226. O prezo en venda anticipada é de 19 e de 16 euros, máis custos de xestión. En despacho de billetes, as entradas terán un prezo de 21 e 18 euros.
O sábado 13, o cómico actuará na sede de Afundación en Pontevedra ás 20.30 horas. As entradas anticipadas poden adquirirse a través de Ataquilla.