Dez voces unidas en verso para clausurar o festival Pontepoética
Por Redacción & Diego Torrado
Os dez poetas que participaron na sétima edición do festival Pontepoética reuníronse este sábado no Teatro Principal para unir as súas voces nun recital conxunto que puxo o broche de ouro a este programa cultural.
Andrés Neuman, Berta Dávila, Grażyna Wojcieszko, Antón Lopo, Mireia Calafell, Cesáreo Sánchez, Sjón, João Luís Barreto Guimarães, Ana Romaní e Bernardo Atxaga foron subindo ao escenario do teatro pontevedrés para recitar algunhas das súas obras.
Nesta clausura tamén participou a directora de Pontepoética, Yolanda Castaño, que foi a encargada de conducir a gala.
Foi despois de que, na xornada matinal, celebrárase un taller de narrativa a cargo do arxentino Andrés Neuman e, xa de tarde, un recital con João Luís Barreto Guimarães, Ana Romaní e Bernardo Atxaga.
O epílogo de Pontepoética celebrouse este domingo, tamén no Teatro Principal, cun taller de poesía impartido por Bernardo Atxaga.
Relacionadas:
-
Recitais, encontros e obradoiros con sabor internacional na VIII PontePoética
Por Noelia Torres Pintos |
-
Un doble recital nas ruínas de San Domingos abre un novo festival Pontepoética
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Sjón, letrista da cantante islandesa Björk, recitará poemas en PontePoética
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |