Unha colaxe folkclórica, punto de partida do ciclo de butaca da BMP
Con gran éxito de público, como é habitual nos seus concertos, a Banda de Música de Pontevedra arrancou cunha nova edición do seu ciclo de butacas. O lugar escollido, de novo, foi o Teatro Principal de Pontevedra.
A formación dirixida por Rafael Agulló puxo en escena un recital denominado Colaxe folkclórica, interpretando temas tradicionais de diferentes culturas de todo o mundo.
Así, os músicos da banda pontevedresa interpretaron un percorrido musical pola música de raíz de todo o planeta.
O repertorio incluíu pezas inspiradas en África, o afastado oeste e os sons indios, os ritmos latinomexicanos e eslavos. O broche de ouro foi unha rapsodia celta do folclore irlandés.
A próxima cita co ciclo de butaca da BMP será o vindeiro xoves 16 de febreiro cun concerto xunto ao coro Luís García Limeses.
Unha colaxe folkclórica, punto de partida do ciclo de butaca da BMP
Con gran éxito de público, como é habitual nos seus concertos, a Banda de Música de Pontevedra arrancou cunha nova edición do seu ciclo de butacas. O lugar escollido, de novo, foi o Teatro Principal de Pontevedra
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
A grandeza dos nenos
Por Diego Torrado |
-
Onion Smile presentará na Sala Karma o seu novo EP "Songs in the Storm"
Por Antía Fernández Buján |
-
Volve o ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A BMP viaxa a Musicolandia, o país dos instrumentos
Por Redacción |
-
Unha xornada 'Disney' coa Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |