Volve o ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra
Por Diego Espiño
Seis recitais compoñerán este ano o Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra (BMP), que volve a escensa con ganas de "aumentar a fluencia de público", recoñeceu na presentación do ciclo o presidente da BMP, Diego Rosal, acompañado da concelleira de Cultura, Anxos Riveiro.
"Hemos intentado seguir apostando por el público familiar y directores invitados de prestigio internacional", sinalou á súa vez o director da banda, Rafael Agulló.
Todos os recitais, salvo o incluído dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, serán de balde ata completar o aforamento do Teatro Principal. No caso do concerto de Peer Gynt coa colaboración de Viravolta Títeres, dirixido ao público infantil, o prezo da entrada será o habitual nas actividades do Salón, de 3 euros.
O Ciclo de Butaca 2017 estrearase este xoves 2 de febreiro, a partir das 21:00 horas, con "Colaxe folklórica", baixo a dirección do director titular da BMP, Rafael Agulló. Tras esta cita a segunda fixouse o 16 de febreiro co espectáculo "A grandeza dos nenos". O 9 de marzo o director invitado Paulo Martins será protagonista de "A relixión e a música", o 23 de marzo celebrarase o recital infantil do Salón do Libro e o 6 de abril o concerto "A dúas bandas", no que colaborará o Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga. Pecharán a programación o 27 de abril os exámens finais da Academia Europea de Dirección de Banda.
Será un recital menos que en 2016, debido a que "tenemos cosas preparadas para mayo", recoñeceu Agulló aludindo a un "concierto atractivo en el Pazo da Cultura" do que polo momento "no puedo decir más".
Relacionadas:
-
A grandeza dos nenos
Por Diego Torrado |
-
Unha colaxe folkclórica, punto de partida do ciclo de butaca da BMP
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Futuros escritores terán a oportunidade "deconstruirse" no Obradoiro de Creación Literaria
Por Antía Fernández Buján |
-
Israel Alonso, da Banda de Música de Pontevedra, premio finalista do Concurso Galego de Composición
Por Redacción |
-
A BMP viaxa a Musicolandia, o país dos instrumentos
Por Redacción |
-
Unha xornada 'Disney' coa Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |