Cancelan a actuación de 'Red Rock Caperucita' en Afundación
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O musical Red Rock Caperucita, previsto para o vindeiro día 14 de xaneiro na sede de Afundación en Pontevedra e o 15 en en Vigo, suspendeu estas funcións debido, segundo comunican desde Afundación, á enfermidade do protagonista.
Este espectáculo ofrece unha versión moderna e con música pop rock o tradicional conto.
Aqueles cidadáns que teñan adquirido a súa localidade de maneira anticipada poderán solicitar a devolución a través de Ataquilla.