O salvaxe Oeste chega a Domingos do Principal da man de Yllana
Por Alejandro Espiño
Unha homenaxe ao xénero do western e ao salvaxe Oeste americano. ÿ o que propón a compañía de teatro Yllana en Far West, a obra que se representará este domingo 3 de marzo dentro do ciclo Domingos do Principal. ÿ a súa nova aposta polos seus tradicionais espectáculos de humor xestual. Será como vén sendo habitual no Teatro Principal en dobre sesión, ás 12.00 e ás 18.00 horas.
En Far West, un pacífico e sinxelo granxeiro recibe, nunha poeirenta estación de tren no afastado oeste, á súa prometida. Pero antes de que poidan darse o primeiro bico, é secuestrada por dous malísimos fuxidos en busca e captura. O noso improbable heroe intentará por todos os medios rescatar ao seu amor, mentres que esta, durante o seu secuestro, atopará dentro dela valores que ela mesma descoñecía, que a transformarán nunha auténtica heroína.
Far West é a primeira incursión de Yllana no xénero do western. A través da epopeia dos nosos antiheroes, preséntanos un mundo salvaxe e sen lei; visitaremos tribos indias, cantinas de mala morte, desertos cheos de perigos, duelos ao sol, grandes persecucións e, como en todo bo western, acción, moita acción.
Co apoio de formatos audiovisuales, Yllana recrea sketches onde patadas e puñadas, persecucións e disparos, danzas e bailes proporcionan unha trepidante acción cuns de efectos de luz e son ben sincronizados e axustados.
Yllana homenaxea con este novo espectáculo o mundo das películas do oeste, que tanto estimularon a nosa imaxinación e fixéronnos xogar; aos seus heroes, aos seus villanos, ás súas fronteiras e aos homes que se atreveron a desafialas. Faio mediante as magníficas interpretacións de Antonio de la Fuente, César Maroto, Susana Cortés e Rubén Hernández.
As entradas para ver este espectáculo, recomendado para nenos a partir dos seis anos, teñen un prezo de tres euros.