Máis de 5.500 espectadores gozaron dos Domingos do Principal
Por Oskar Viéitez
Un ano máis, Domingos do Principal clausura o seu ciclo de teatro infantil e familiar cunha valoración máis que positiva. Ao longo dos tres meses nos que se repartiron os sete espectáculos, con sesión matinal e de tarde, foron mais de 5.500 nenos e pais os que pasen polo o Teatro Principal (aínda non se contabilizaron todas ás entradas da función deste domingo).
Cunha media de máis de 390 espectadores por función, do aforo total de 434 prazas das que dispón o Teatro Principal e que se esgotaron en varios dos espectáculos, representando un aforo medio do 90%.
Pese a recortar o número de espectáculos a sete, o publico dos Domingos permanece fiel a este ciclo que familiariza aos máis pequenos ás artes escénicas dende moi cedo, xa que algún dos espectáculos coma o exitoso Babs de Baobab Teatro, estaba recomendado a partir de tres anos.
Teatro de actor, títeres e monicreques, espectáculos mudos, de humor, etc. conformaron un ano máis este ciclo no que a variedade e a calidade dos espectáculos é unha das máximas, mantendo un prezo das entradas moi económico, máxime nos tempos que estamos a vivir.
Relacionadas:
-
'Domingos do Principal' cumpre 15 anos e celébrao cunha programación "diversa e innovadora"
Por Alejandro Espiño |
-
Alí Baba, acompañado dos 40 ladróns, porá fin ao ciclo de teatro 'Domingos do Principal'
Por Redacción |
-
"Humanos" da compañía vasca Marie de Jongh, penúltima cita de Domingos do Principal
Por Redacción |
-
O salvaxe Oeste chega a Domingos do Principal da man de Yllana
Por Alejandro Espiño |