O son dos oitenta regresa a Pontevedra cun concerto acústico de Los Secretos
Por Redacción
Los Secretos volven a Pontevedra. A mítica banda madrileña, un dos grupos de maior éxito dos anos oitenta e noventa, ofrecerá un concerto acústico no Pazo da Cultura. Será este venres 4 de novembro, a partir das nove e media da noite.
Tras o éxito da súa xira de presentación de Algo prestado, Los Secretos mostran de novo o mellor da súa música, esta vez nun delicioso e elegante formato acústico.
Canción a canción, a banda repasará a súa longa carreira musical cunha actuación que seguro deleitará aos máis seguidores e a todos aqueles que nunca visen a este grupo en directo.
E non só estarán os seus grandes clásicos neste concerto acústico, Los Secretos traballaron durante máis de dous anos para o seu novo disco Algo prestado, e tamén incluirán algunhas destas novas cancións no seu repertorio acústico.
As entradas para o concerto aínda están á venda a partir dos 25 euros en www.ataquilla.com. No caso de non esgotarse, poderanse adquirir na billeteira do Pazo desde unha hora antes do concerto.