![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0a8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/544238b402-penado-01.jpg)
© Deputación de Pontevedra
Pesar polo falecemento do escultor pontevedrés, José Luís Penado
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Pontevedra amosou o seu pésame polo falecemento do recoñecido e querido escultor pontevedrés, José Luís Penado, do que Pontevedra é reflexo do seu poder creativo.
O Concello quixo agradecer a pegada que Penado deixou na súa cidade con obras que xa son referencia na escultura e que forman parte da historia das distintas rúas e prazas nas que se atopan situadas.
A súa obra perdurará para sempre na memoria colectiva, na memoria de Pontevedra.
O artista pontevedrés, José Luis Penado, autor da popular figura do Loro Ravachol que se encontra na Praza da Peregrina, foi protagonista dunha exposición antolóxica que organizou o Museo de Pontevedra no ano 2014 no Edificio Sarmiento.
A transcendencia deste autor é nacional e internacional xa que os seus traballos forman parte de numerosas coleccións públicas e privadas de diferentes localizacións.
Penado iniciou no ano 1967 a súa carreira como escultor cunha exposición en Pontevedra na que mostraba o seu interese polo oficio artesanal da forxa. Entre outros traballos destaca o monumento urbano 'Aí veñen vos mariñeiros' situado na Praza Elíptica da Coruña e 'O monumento á árbore', situado na Praza de Barcelos de Pontevedra.
Inauguración da exposición do escultor José Luís Penado no Edificio Sarmiento
© Deputación de Pontevedra