A Biblioteca Pública retoma os clubs de lectura
Por Redacción
A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha unha nova etapa dos Clubs de Lectura, unhas sesións nas que se analizan determinados libros despois de que os participantes lean as novelas propostas polo monitor.
Con esta actividade, a dirección da Biblioteca busca fomentar o hábito lector e está destinada a todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en catro clubs distintos no que se realizarán lecturas en diferentes linguas: inglés, galego, castelán e portugués.
CLUBS LECTURA
- GALEGO : Xoves alternos de 19:00 a 20:00 h.
- INGLÉS : Martes alternos de 19:45 a 20:45 h.
- PORTUGUÉS: Luns alternos de 18:00 a 19:00 h.
- CASTELÁN: Todos os miércores de 17:00 a 18:00 h.
As inscricións para partir do 14 de setembro, mércores, na planta baixa da biblioteca ou a través do teléfono 886.159.250 entre as 09.00 ás 20.30 horas.