O Festival das Cóxegas regresa a Pontevedra en novembro con catro novos espectáculos
Por Redacción
A danza, o circo e o teatro serán os protagonistas da segunda edición do Festival das Cóxegas, un proxecto arredor das artes escénicas con carácter familiar que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra ao longo do mes de novembro.
Catro espectáculos de catro prestixiosas compañías serán os que se presenten todos os domingos de novembro no Pazo da Cultura, o recinto que que conta con maior capacidade no seu patio de butacas e unha ampla zona de aparcadoiro.
Os espectáculos son:
- Domingo 6 de novembro: El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide de El espejo negro, un teatro de monicreques para nenos a partir de cinco anos.
- Domingo 13 de novembro: Des Hábitat de Vaivén Circo, un espectáculo familiar que combina circo, teatro e danza e que está recomendado para nenos a partir de 4 anos.
- Domingo 20 de novembro: ¿Cuál es mi nombre? de Da T Danza, un espectáculo familiar de danza para nenos a partir de 2 anos.
- Domingo 27 de novembro: Amour de Marie de Jongh-Tartean Teatro e Teatro Arriaga, un espectáculo teatral que nos fai reflexionar sobre a delgada liña que existe entre a desafección e o amor incondicional e que está recomendado para o público de máis de 7 anos.
Celebrarase unha única sesión por espectáculo en horario de 18:30 horas a excepción do espectáculo El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide que contará o luns 7 cun pase concertado con escolares ás 11:30 horas.
As entradas para cada espectáculo poden adquirirse xa en Ataquilla.com a un prezo único de 6 euros e será preciso que cada espectador, independentemente da súa idade, conte cunha entrada para acceder ao Auditorio.
A venda en billeteira, que só terá lugar no caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, comezará dúas horas antes do espectáculo.
Relacionadas:
-
Unha despedida con 'Amour' no Festival das Cóxegas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Festival das Cóxegas conclúe este domingo con 'Amour'
Por Redacción |
-
O Festival das Cóxegas volve o domingo con danza contemporánea para a infancia
Por Redacción |
-
Acrobacias e números de circo fan rir no Festival das Cóxegas
Por Diego Torrado |
-
A fantástica viaxe de Jonás o espermatozoide fai parada no Pazo da Cultura
Por Diego Torrado |
-
Quique San Francisco, Concha Velasco, Carlos Latre e Andrés Suárez, en outono no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
'El sastrecillo valiente' pon o broche de ouro á primeira edición do Festival das Cóxegas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A pintura de Joan Miró toma forma de danza e triunfa no Festival das Cóxegas
Por Diego Torrado |
-
Segunda xornada de 'Cóxegas' no Pazo da Cultura cunha boa dose de danza
Por Redacción |