Gran cola na Peregrina para ver á porquiña Peppa Pig
Por Redacción
Produto das modas ou non, os máis pequenos da casa gozan con entusiasmo as historias de Peppa Pig, protagonista dunha serie británica de debuxos animados de televisión que está a facer estragos. A serie creada, dirixida e producido Astley Baker, conta a historia dunha porca que vive acompañada pola súa familia e amigos que realizan actividades diarias, viven en casas e levan unha vida moi similar á humana. A súa imaxe converteuse en todo un referente e a campaña de mercadotecnia que acompaña á serie leva todo tipo de produtos nos que a cerdita Peppa aparece reflectida.
E esta tarde, Peppa Pig visitou Pontevedra. Presentouse nunha coñecida libraría da cidade situada en Fray Juan de Navarrete e fixo as delicias dos máis pequenos que, acompañados polos seus pais, soportaron o frío e a espera durante moitos minutos para ver ao debuxo animado de preto. A cola prolongouse máis alá da Fonte dos nenos ao longo da rúa Peregrina.
Peppa Pig está dirixida especialmente a nenos de entre 1 a 9 anos. Os capítulos narran historias cotiás como ir á escola, recibir a visita dos seus avós, montar en bicicleta ou ir ao parque. Son capítulos que busca entreter aos nenos ademais de axudarlles a comprender mellor o seu ámbito familiar e diario.