Folclore e tradición completan o programa das Festas do Carme en Marín
Por Redacción
O folclore e as nosas tradicións van ter unha presenza continua durante as festas do Carme en Marín.
O ano 2012 comezou a súa andadura o Memorial Antonio Fernández, que chega este ano a súa quinta edición. A Asociación cultural Chaneiros, organiza esta cita ineludible. Ten dúas partes, unha co festival tradicional, o domingo 10, na alameda de Marín, ás 18 horas, e outra o sábado 23, co concurso de cuartetos junior.
Tamén a Asociación Airiños de San Xulián, organiza o sábado 9, as 21 horas, despois do Pregón, o seu Certame de Bandas de Gaitas Virxe do Carme, que este ano contará con a Escola de gaitas provincia de Pontevedra, a B.M.T. Suevia (Portodosón), e Airiños de San Xulián; e o domingo 24, as 20:30h, o seu Festival folclórico, na Alameda de Marín, con Xilmalveira (Cangas), Nos de Sobradelo (Vilagarcía), e Airiños de San Xulián.
E a Asociación Trompos os Pés, tamén chega a súa XIX edición da súa romaría tradicional, que como o ano pasado terá lugar o día 25 de xullo, día de Galicia, na Alameda de Marín.
Pero tamén os máis pequenos van a ter o seu momento. O martes 12, o mércores 13, o xoves 14 e o venres 15, na alameda de Marín, as 12:00 horas, haberá obradoiros de animación a lectura e espectáculos de Títeres e contacontos, a cargo de Tarabelos.