Tulsa presenta en Sala Karma "La calma chicha", o seu terceiro disco
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
La calma chicha de Tulsa chega a Pontevedra. A banda liderada por Miren Iza, que conta cunha das voces máis persoais e carismáticas da música española, actúa este venres 20 de maio, a partir das dez da noite, na Sala Karma.
Tulsa presentará en directo os temas de La calma chicha, o seu terceiro disco de estudo. Trátase dun traballo que supón un salto adiante estilístico e creativo na xa de seu consolidada carreira de Miren.
Nove deliciosos temas nos que se afasta do folk rock dos seus inicios para explorar sons máis electrónicos cos que Tulsa pegou unha puñada na mesa do indie español para coarse en todas as listas do mellor do ano.
Os seus dous discos editados ata entón (Sólo me has rozado y Espera la pálida) conquistaron a crítica e a público por igual -mesmo lle valeu unha nominación a un Grammy- e revelaron a unha creadora profunda e xenuinamente persoal, capaz de combinar rexistros suaves e cálidos xunto a unha faceta máis áspera, pero sempre emocionante.
As súas cancións parten do rock de autor para acabar en xéneros e recunchos inesperados.
As entradas para o concerto teñen un prezo de dez euros.