As 15 primaveras de Mamá Cabra
![Mónica](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/50b75e9aee4e2-patxotparalaweb.jpg)
Por Mónica Patxot
O auditorio da sede da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) en Pontevedra acollerá ao longo de toda esta semana a actuación do grupo Mamá Cabra co seu espectáculo 15 primaveras.
A primeira cita foi xa este luns 18 e continuarán ata o xoves 21.
Máis de tres mil seiscentos escolares procedentes de centros educativos de Pontevedra e arredores fixeron a súa reserva para asistir a este evento.
Orientada nenos de tres a seis anos, 15 primaveras fai un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións, nun formato de concerto-teatro no que unha nova Mamá Cabra chega disposta a encher de ilusión e ritmo os corpos dos máis pequenos.
As 15 primaveras, de Mamá Cabra
© Mónica Patchot