'Nuestras mujeres', con Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano, chega a Pontevedra
Por Redacción
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa tempada de teatro en Pontevedra coa obra Nuestras mujeres de Eric Assous.
A representación, dirixida por Gabriel Olivares e protagonizada por Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano, entre outros, terá lugar o vindeiro 28 de abril, ás 20.30 horas, no auditorio de la sede Afundación de Pontevedra.
Esta obra insírense na tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e mozas. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.
Nuestras mujeres conta a historia de tres vellos amigos que quedan para xogar a súa habitual partida de cartas, mais un deles chega tarde á súa cita porque ten unha razón de peso: acaba de asasinar a súa muller.
A obra trata temas universais coma o valor da amizade, o deber, a idea de xustiza e, por enriba de todo, a loita entre o correcto e o incorrecto. A mentira, o machismo, a permisividade, a manipulación... Un conflito que pon a proba a Max, Paul e Simón nunha noite que pode supoñer a ruína dos tres.
Unha reflexión profunda que se presenta de forma sutil, case irónica, ao estilo do vodevil francés.