Vietnam e Camboxa xorden entre as laranxas do Mercado de abastos
Por Redacción
Vietnam in my hands Camboya in my eyes é o título da exposición inaugurada o sábado na primeira planta do Mercado de Abastos e que, según fontes da organización, está tendo unha importante aceptación coa presenza de numerosos visitantes durante estos primeiros días. O espazo de exposición atópase próximo aos postos de froteiría e foi reformado para acoller mostras pictóricas ou fotográficas que atraigan novos públicos á tradicional praza de venda de produtos frescos.
Nesta ocasión, o artista plástico de Vigo, Alberto Badía, amosa a súa experiencia durante o seu percorrido por Vietnam e Camboxa remontando o río Mekong ao longo de tres meses. O pintor recoñece que lle gusta este espazo para presentar os seus últimos traballos porque no mercado pontevedrés tamén se ofrece unha combinación de olores, cores e sons.
Ademais de ver un documental que se proxecta nun dos postos, os espectadores poderán adquirir algunha das 16 obras desta exposición, que ten como finalidade recadar fondos para a Asociación de Bulimia e Anorexia.