O Liceo Casino acolle a mostra pictórica de Tato Heredia
Por Redacción
A Sala de Exposicións do Liceo Casino da cidade do Lérez é o lugar elixido para mostrar a exposición do pontevedrés Tato Heredia, desde o 1 ao 20 de abril. A xeografía galega serve de inspiración para as súas obras, reflectindo costumes e maneiras de vivir entre outros. Céntrase especialmente en paisaxes rurais e en realidades rueiras.
O autor pontevedrés adquiriu o seu propio estilo inconfundible e transparente ao longo de 20 anos. As súas obras son maioritariamente acuarelas. Para representar diversas realidades xoga con diferentes cores: vivos, para reflectir paisaxes; augados, para o gris clima de Galicia; e brancos e negros, para plasmar contrastes.
Ademais das súas obras máis paisaxísticas, tamén realiza retratos cheos de realismo que parecen cobrar vida.
Actualmente segue a súa traxectoria perfeccionando o seu estilo e demostrándoo en numerosas exposicións.