Aprendendo a ser Van Gogh
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1c1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/56f81d0901-nenos-centro-de-arte2.jpg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/44b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/56f81d2636-nenos-centro-de-arte.jpg)
© Concello de Sanxenxo
Son escolares de menos de 15 anos pero xa demostran talento. Así o afirma o profesor do Centro de Arte do Concello de Sanxenxo, Diego Vites, que destaca os resultados conseguidos pola maioría dos alumnos que participan das actividades pictóricas. O monitor non dubida en afirmar que é posible que entre estes mozos poidan aparecer promesas da pintura galega.
Os alumnos traballan sobre as creacións de Van Gogh e nas súas obras xa se pode ver a influencia na utilización das cores. Este traballo sobre o pintor holandés finalizará tras as vacacións de Semana Santa coa realización dun autorretrato seguindo o estilo do postimpresionista.
O Centro de Arte tamén conta con alumnos adultos. Desta forma, algúns deles expoñen en diferentes puntos. Abel Barandela mostra 'Luces, sombras e viño tinto' no Casino da Illa da Toxa e Rosana Balboa ofrece os seus traballos elaborados en carboncillo ademais dalgunhas obras en óleo no Eirado das Margaridas, en Poio.