A Coral Polifónica de Bueu presenta o seu primeiro disco no Centro Social do Mar
Por Redacción
'Quiero ser poeta' é o título do primeiro disco da Coral Polifónica de Bueu e será presentado o próximo 12 de marzo nun acto aberto ao público e gratuíto no Centro Social do Mar, a partir das 20.30 horas.
Este CD gravouse o pasado 10 de outubro de 2015 con dez temas entre os que destacan 'Hijo del anonimato', con letra do poeta Jorge Loira Gago, 'Coral a Castelao', 'A raíña do pracer', 'Negra sombra' ou 'Ave María'.
A Coral Polifónica de Bueu fundouse en 1979 por un grupo de veciños da vila amantes do canto coral. O seu primeiro director foi Xesús Moldes Monroy, que foi substituído polo entón párroco de Bueu, Xesús Tenorio Pena. Posteriormente, a coral sufriu un período de inactividade ata que, en 1996, Rosa María Cerviño Loira tomaba a batuta e con ela rexorde de novo a agrupación.
Desde os seus inicios, o obxectivo é dignificar e poñer en valor o patrimonio músico-coral galego, coa interpretación principalmente na lingua autonómica de gran parte do seu repertorio.