![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/11f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/56ce2ce84a-20160224-patxot-teatro-mayores-afundacion-081.jpg)
© Mónica Patxot
Da idade do pavo... á do pavosaurio
O teatro non ten idade. Nin para velo, nin para interpretalo. Iso demostraron en Pontevedra o grupo de teatro do Centro de Maiores de Afundación que, este mércores, representaron con gran éxito a obra La edad del Pavosaurio no auditorio da entidade.
A obra, escrita por José Cedena, conta a historia de Lisarda e Tereso, dous anciáns que conviven co fillo dela e a filla del, un matrimonio non moi ben avenido. E os dous octoxenarios pásanse todo o día rifando, o que fai que as diferenzas entre o matrimonio dos seus fillos aumenten aínda máis.
Estes problemas provocan que ambos acaben nunha residencia de maiores, onde a soidade e a sensación de abandono fará que entre eles xurda algo imprevisible.
O grupo de teatro do Centro de Maiores está composto actualmente por quince persoas que teñen entre 60 e 77 anos.
Na representación da idade do pavosaurio participaron Merchi Ogando como Lisarda, Amancio Ortigueira como Tereso, Conchi Fernández como Olvido, Jeremías Ferrero como Olegario, Basilio Rodríguez como Eliodoro, Margarita Gómez como Evarista, David Pérez como Hortensio, María del Carmen Gómez como Fulgencia y Edita Llanos, Marisa García, Carmen Pazo y Obdulia Fariña como residentes.
O grupo de teatro do Centro de Maiores de Afundación representa "La edad del Pavosario"
O teatro non ten idade. Nin para velo, nin para interpretalo. Iso demostraron en Pontevedra o grupo de teatro do Centro de Maiores de Afundación que, este mércores, representaron con gran éxito a obra La edad del Pavosaurio no auditorio da entidade
© Mónica Patxot