Os Lunnis, Pocoyó, Caillou e a abella Maya celebrarán os aniversarios de Clan en Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O vindeiro domingo 1 de maio o auditorio de Afundación en Pontevedra acollerá o Festival Clan, co que a canle de televisión infantil celebra o seu décimo aniversario.
A función terá lugar ás 17:00 horas e está recomendada para nenos entre 3 e 8 anos.
"Ven ao meu cumpre" é un espectáculo cos personaxes máis populares de Clan para celebrar os seus dez anos de diversión e fantasía.
Ao longo destes anos, a canle infantil de TVE creou grandes personaxes moi queridos por millóns de nenos en todo o país, que poderán agora acompañarlles na súa festa e soprar con eles as dez candeas.
Los Lunnis, Pocoyó, Elly e Pato, Caillou e a súa avoa, Abella Maya e Willy, Heidi, ou Zak de Sendokai protagonizan esta celebración en forma de festival.
O festival chegará da man de Pandora e Cávea Produciones dentro dunha xira que pasará por 50 cidades españolas.