Un maratón para retratar o inverno pontevedrés
Xa é posible inscribirse no II Maratón Fotográfico: Imaxes de Inverno que se celebrará o sábado 12 de marzo na Casa da Luz. A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, xunto coas coordinadoras Paula Salgueiro e Iria Viñas, presentou algunhas das novidades desta segunda edición. Durante a presentación no Concello, resaltouse o bo resultado obtido o ano pasado que contribúe a ter unha nova visión da cidade.
Entre as novidades máis destacadas deste ano atópase o factor sorpresa polo que os temas elixidos non se desvelarán ata o propio día do Maratón, para así fomentar a improvisación dos participantes. Ademais, tamén se aumentou o número de inscricións, que pasa de 40 a 50, e a contorna no que se deberán sacar as fotografías por petición dos participantes do ano pasado.
Haberá un total de catro premios: un premio final á mellor fotografía, un premio para cada unha das tres categorías temáticas do Maratón e un premio do público. O obxectivo destes premios é poñer en valor o produto local, polo que en ningún caso serán dotacións en metálico. O xurado estará composto por persoas profesionais do mundo da arte, o xornalismo e a fotografía.
Do 15 ao 30 de abril, as fotografías expoñeranse na Casa da Luz. Alí, o público poderá votar a fotografía que máis lle gusta e contemplar unha visión diferente da cidade captada polos participantes.
O prazo de inscrición terminará o propio día do Maratón, salvo que previamente cúbranse todas as prazas. Poderán inscribirse todos aqueles maiores de 16 anos a través do correo electrónico: maratonfotograficopo@gmail.com. No caso dos menores, deberán ademais presentar unha autorización paterna o sábado 12.
Relacionadas:
-
Descobre as mellores fotos do inverno pontevedrés
Por Redacción |
-
O inverno pontevedrés protagonista da II edición do maratón fotográfico
Por Elena Álvarez Quintá |
-
O Maratón fotográfico 'Imaxes de Primavera' achégase ás rúas
Por Redacción |
-
Manuel Bazarra, gañador da primeira edición do maratón fotográfico ‘Imaxes de Primavera’
Por Redacción |
-
35 fotógrafos participan no primeiro maratón 'Imaxes de Primavera' na contorna do Lérez
Por Redacción |