Pedro Ruiz demostra en Pontevedra ser 'Uno, pequeño y libre'
Por Redacción & Diego Torrado
Tras case cincuenta anos de carreira artística, Pedro Ruiz xamais actuara nun teatro de Pontevedra. Esa débeda quedou saldada este domingo. O polifacético humorista subíu ao escenario do auditorio de Afundación na cidade do Lérez para representar o seu novo espectáculo, Uno, pequeño y libre, co que entretivo aos seus fans máis incondicionais.
En Uno, pequeño y libre, o montaxe número 21 da súa traxectoria, Pedro Ruiz segue combinando a crítica, o esperpento, a actualidade, a reflexión, o exceso, a tenrura ou a sorpresa.
Todo iso nun espectáculo que, tal e como prometía, ofreceu aos pontevedreses música en directo, proxeccións interactivas, figuras de primeiro rango na pantalla, unha actriz convidada, luminotecnia minuciosa, e momentos para a emotividade e o recordo.
Na súa función de Pontevedra, o humorista catalán, pioneiro e inventor deste tipo de espectáculos que nada teñen que ver cos monólogos, manifestou a súa compracencia ao actuar ante o público galego ao que considera, como reiterou en multitude de ocasións, un dos máis cálidos e perceptivos de España.
Este espectáculo que chegou a Pontevedra este domingo obtivo un gran éxito en teatros de toda España, entre eles o Colón da Coruña ou o Gustavo Freire de Lugo.