Juan C. Villa ofrece a súa visión pictórica de Pontevedra no Liceo Casino
Por Redacción
Juan C. Villa é un creador autodidacta que otorga gran importancia á cor e á luz. Durante este mes de novembro, as súas obras que recollen disitintos puntos do centro de Pontevedra estarán expostas no Liceo Casino, situado na rúa Manuel Quiroga.
Os traballos deste autor céntranse tamén en naturezas mortas e en paisaxes onde o principal protagonista é a pedra.
A mostra pode visitarse ata o 22 de novembro.