Os Trazantes conmemora o 30 aniversario coa Mostra de Tenorio
Por Redacción
A agrupación Os Trazantes de Tenorio cumpre o seu trinta aniversario e para celebralo organiza a sexta edición da Mostra dos Trazantes que se desenvolverá ás 19.00 horas no Instituto de Tenorio.
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, presentou o evento acompañado da presidenta da Asociación, María Pichel, e con membros desta agrupación.
Nesta ocasión participarán os grupos A Landra de Campo Lameiro, A Fonte de Merlán de Palas de Rei e o Rancho Folclórico de Aveiro de Portugal.
Este festival converteuse nunha cita consolidada no calendario cultural e folclórica de Cotobade e da provincia, segundo informa o Concello, coa presenza dalgúns dos máis representativos grupos galegos. A mostra conta co financiamento do Concello e da Deputación provincial.