Volven os concertos baixo teito da Banda de Música co ciclo 'En clave de outono'
Por Redacción
A Banda de Música de Pontevedra abre a tempada, como cada ano, co ciclo de concertos En clave de outono, que se desenvolverá entre outubro e decembro no Teatro Principal.
Será unha edición especial, e é que o ciclo abrirase o vindeiro xoves 1 de outubro co último concerto como director titular da banda de Juan Lois Diéguez tras seis anos no cargo.
A segunda cita, o día 29 de outubro, supoñerá pola súa banda a presentación do novo director titular, Rafael Agulló.
"Queremos facer un ciclo que sexa o inicio dunha nova etapa sen perder a esencia da agrupación", explicou na presentación dos recitais Ana Franqueira.
As seguintes citas serán o 12 de novembro, o 26 de novembro con José Ignacio Blesa como director convidado e o 22 de decembro, última parada de En clave de outono.
Todos os concertos celebraranse no Teatro Principal ás 21:00 horas, cunha entrada de 2 euros para o público ou un abono de 5 euros para todo o ciclo. Os alumnos do conservatorio Manuel Quiroga terán entrada de balde.