Baltasar López expón a súa obra Baixamar no Grove
Por Redacción
O fotógrafo noveldense Baltasar López expón no Grove a súa obra Baixamar, no marco da 52 Festa do Marisco.
A mostra está composta por 30 imaxes en branco e negro, que reflicten o traballo diario das mariscadoras galegas e pretende ser un documento gráfico do esforzo e superación da muller nun dos traballos máis duros e case exclusivo da muller, o marisqueo a pé.
O autor das fotografías agradeceu a colaboración das mariscadoras da Confraría de San Martiño que en todo momento estiveron dispostas e facilitaron esta mostra. Na exposición de fotografía, en branco e negro, podemos observar o inxente traballo das xentes que viven do mar.
Para esta mostra habilitáronse dúas salas de exposición, a Sala das Cunchas e a sala Das Dornas do Concello e estará exposta desde o día 27 de setembro ata o día 12 de outubro, data de finalización da Festa do Marisco.