Ponte Caldelas celebra a súa primeira xuntanza folclórica 'Follas de Olivar'
Por Redacción
As agrupacións musicais 'Nós tamén imos', 'Pandereteiras de Regodobargo', 'Pandereteiras de Silvoso' e 'Pandereteiras de Chaín' participaron este sábado 11 no primeiro encontro folclórico 'Follas de Olivar', que se desenvolveu na área recreativa de Carreira Ancha, na parroquia da Insua en ponte Caldelas.
As actuacións ofrecéronse baixo o arboredo para, a continuación, celebrar cunha comida popular o evento. Durante a tarde, o protagonismo foi para os nenos que participaron con xogos tradicionais, ademais da intervención de músicos espontáneo que interpetaron cancións populares do patrimonio folclórico inmaterial galego.
A escola de baile tradicional 'Trouleada' realizou unha exhibición con varios pezas. O alcalde, Andrés Díaz, acompañado por outros membros do equipo de goberno felicitaron aos organizadores e mostraron o seu apoio a este tipo de iniciativas para potenciar o folclore tradicional.