Halcón Milenario, Aramburu, e o Ateneo de Santa Cecilia, entre os gañadores dos Premios Provinciais á Cultura
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra ven de fallar a concesión dos Premios Provinciais á Cultura 2015, cos que se quere recoñecer a aquelas persoas e entidades que cada ano contribúen a enriquecer e fortalecer o patrimonio cultural e artístico da provincia.
Dotados con 6.000 euros para cada unha das catro categorías establecidas, o xurado decidiu premiar este ano a Manuel Aramburu e ao Ateneo Santa Cecilia pola súa traxectoria profesional, ao Halcón milenario como proxecto cultural máis innovador, Rogelio Groba e A Asociación Cultural Danza de Arcos na categoría de "César Dios Diosiño" e aos concellos de Valga e Vila de Cruces pola súa protección e recuperación do patrimonio público.
PREMIO A TRAXECTORIA CULTURAL
Manuel Aramburu, nacido en León en 1936 iniciou a súa aprendizaxe na cidade de Pontevedra e está considerado un dos grandes Mestres da pintura actual de Galicia dentro da chamada "xeneración de vangardas e silencios".
"É un exemplo para Pontevedra, un gran artista que ademais da súa obra foi mestre de moitas xeracións en Pontevedra, e todos nos xurados eramos conscientes de que este premio era máis que merecido, polo seu traballo, pola súa aportación", asegurou Ana Isabel Vázquez.
Neste apartado tamén se premiou a actividade que dende 1952 realiza a prol da cultural o Ateneo Santa Cecilia. O xurado quixo destacar o labor da entidade de Marín coa promoción da música, belas artes, recuperación do patrimonio, da cultura tradicional, etc
PROXECTO CULTURAL MÁIS INNOVADOR
Como mellor proxecto innovador ou vangardista, os Premios Provinciais á Cultura recoñecen o espazo cultural aternativo O halcón milenario de Vigo, que xurdiu da inquedanza dun grupo de amigos artistas (pintores, deseñadores, tatuadores, etc) por amosar as manifestacións culturais non oficiais.
Dende hai máis empregan un piso antigo da cidade olívica como sala de exposicións, teatro e do que a deputada Ana Isabel Vázquez destacou "o esforzo que están a realizar para manter unha actividade cultural sen axuda de ninguna institución pública".
PREMIO DIOSIÑO
Mentres, o premio César Dios Diosiño, dotado igual que os anteriores con 6.000 euros, concedido tamén ex aequo, recaeu na Asociación Cultural Danza de Arcos "por conservar unha danza ancestral bailada por homes, e conseguiron levar ás xeracións máis novas", segundo destacou a deputada Ana Isabel Vázquez. Aínda que os orixes desta danza non está moi estudada, lgúns autores sitúana nos S XV- XVI. Trátase "dunha peza única que responde a unha tradición propia de Cobas no concello de Meaño".
Dentro desta categoría a Deputación de Pontevedra tamén premiou ao músico e compositor Rogelio Groba pola súa labor musical con máis de 500 obras catalogadas para a banda sinfónica, de cámara, coral, piano, etc. Autor de varios libros e ensaios recibiu diferentes recoñecemento pola súa creación musical (premio Xunta de Galicia da Cultura, Premio da Galega, Medalla Castelao, etc)
PROTECCIÓN DO PATRIMONIO
Finalmente, os concellos de Valga e Vila de Cruces reciben o premio, ex aequo, á protección e recuperación do patrimonio público polo seu labor de recuperación e posta en valor de diversos espazos natural.
A Deputación pon de manifesto o traballo realizado polo concello de Valga na recuperación do patrimonio histórico cultural (Museo da Historia, o camiño portugués, Rota marítimo fluvial, vía romana XIX), etnográfico (festa da anguía e mostra da caña do país, belén artesanal) e natural (ecomuseo, fervenzas de Parafita, Monte Beiro, Praia fluvial de Vilarello) da localidade.
Labor non menos relevante á realizada polo concello de Vila de Cruces na recuperación do cconxunto do poboado e museo mineiro de Fontao (no sur da localidade onde residían os mineiros que explotaba a mina de volframio).