A danza tomará as rúas de Pontevedra o domingo 26 para celebrar a súa festividade
Por Redacción
O 29 de abril conmemórase o Día Internacional da Danza e a Escola de Danza Deborah e a Asociación Danzi't decidiron organizar unha iniciativa para festexar esta data con diferentes actividades en diversos puntos da cidade. Ao coincidir a data nun día laborable trasladan os actos ao domingo 26 de abril coa intención de que os pontevedreses participen do coñecido como "arte máis antiga do mundo".
Déborah Alfaya e Amélie Trotet presentaban este xoves no Concello de Pontevedra, acompañados pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, os talleres que se van desenvolver tanto no paseo de Montero Ríos e na praza da Ferrería.
Durante o domingo ás 11.00 horas iniciaranse as actividades cunha exhibición de danza moderna infantil, que deixará paso a un taller de Hip Hop en Montero Ríos.
A praza da Ferrería acollerá un ballet clásico a partir das 11.00 horas. Ás 12.40 horas ese espazo será ocupado por bailarins que ofrecerán unha mostra de ballet contemporáneo.
A partir das 21.00 horas, todos aqueles que queiran poden participar dunha sesión de zumba, que será continuidade ás actuacións de mostra de danza que se desenvolverán durante a tarde coa intención de que o público se mova pola cidade.
En caso de chuvia, os talleres de ballet e de danza contemporánea realizaranse na escola de danza Fitanovas, os talleres de ballet moderno e de hip hop trasladaranse ao centro cultural Monte Porreiro. O Pazo da Cultura acollerá as mostras de danza e o taller de zumba.
Déborah Alfaya indicou que numerosos rapaces galegos inícianse na danza pero vense obrigados a emigrar para formarse fóra de Galicia. Nesta xornada participarán 17 escolas de distintos puntos da comunidade e se amosarán 51 coreografías.