Tangatutanga Teatro estrea en Samieira o cabaré bíblico "Que Deus nos colla confesados"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A compañía compostelá Tangatutanga Teatro estreará en Samieira este sábado 25 de abril o seu novo espectáculo, o cabaré bíblico Que Deus nos colla confesados.
A actuación terá lugar ás 21:00 horas na Casa do Pobo de Rio de Bois, dentro do ciclo de Teatro PoioEscena 2015.
Relixiosos ou non, practicantes ou non, dacordo ou non, todos coñecemos moitas historias e pasaxes bíblicas. Son parte da nosa cultura, da nosa historia e necesarias para facer crucigramas. Entón, por que non miralas con novos ollos e con algo de humor e música? Nace así o Cabaré Bíblico de Tantatutanga Teatro, un espectáculo para mentes revoltosas.
A compañía Tangatutanga Teatro comezou a súa andaina no ano 2000 en Compostela. Dende entón presentou máis de dez espectáulos, que inclúen clásicos como A doma da fera (W. Shakespeare) ou O abano de Lady Windermere (Oscar Wilde), así como obras de creación propia como Aberto por folga, Cabaré Laboral, que acadou diferentes premios dende a súa presentación en 2009, ou Urraca. Traxicomedia históricamente incorrecta.
Relacionadas:
-
Seis novas obras de teatro afeccionado porán o broche de ouro ao ciclo PoioEscena2015
Por Redacción |
-
Dame cuerda que Teatro presenta a obra "Os nenos perdidos" no ciclo PoioEscena
Por Redacción |
-
Oito contadores de historias participarán no I Concurso de Monólogos de PoioEscena 2015
Por Redacción |
-
Poio celebra o Día do Teatro co espectáculo 'Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra'
Por Redacción |