Lorena Carrera, Zoltham, presenta I.N.R.I "morte e resurrección"
Por Oskar Viéitez
A sede de Turismo Rías Baixas, no Palacete das Mendoza, acollerá dende este venres unha exposición pictórica baixo o título: I.N.R.I "morte e resurrección", de Lorena Carreira.
Lorena Carrera Alonso, alias Zoltham, naceu en Telde (Las Palmas de Gran Canaria), de nai galega e pai brasileiro, e está afincada en Ponteareas.
Dende moza destacou pola súa grande afección á pintura e a literatura, e nesta exposición poderemos gozar dunha obra fresca, orixinal e suxestiva.
A inauguración terá lugar o venres 3 de abril, ás 16:00 horas, coa presenza do alcalde de Ponteareas Salvador González Solla e distintas personalidades do ámbito cultural e político.