Quatro D Abril 'queda en paz' co Teatro Principal
Por Diego Torrado
Hai escasos días, os compoñentes do grupo pontevedrés Quatro D Abril recoñecían que tiñan unha "espinita clavada" por non actuar nunca no Teatro Principal. Este venres quedaron en paz consigo mesmos, co escenario e cos fans da cidade, que encheron o recinto do concerto.
A cita musical era "muy especial" para a banda e conseguiron transmitir a emoción aos espectadores cun concerto no que presentaron o seu último disco, Mundo circular, pero non se esqueceu ofrecer ao público os seus grandes éxitos, que lles lanzaron á fama e lles deron proxección mediática fai xa nove anos.
Os espectadores do Teatro Principal tamén tiveron oportunidade de coñecer tres cancións novas que formarán parte do seu novo traballo discográfico e de coñecer a banda con nova compañía, pois compartiron escenario con artistas invitados como Black Stone e o gaiteiro ÿscar Ibáñez.
A banda pontevedresa tamén aproveitou esta cita coa súa cidade para gravar imaxes que se incluirán no seu próximo videoclip.