Máis de 2.400 alumnos asisten a ver Os Narigudos da compañía Tanxarina Títeres
Por Redacción
A compañía Tanxarina Títeres ofrece durante estes días no auditorio do Centro Social de Afundación de Pontevedra (Fundación Galicia Obra Social) unha historia divertida na que os narices grandes teñen o papel protagonista . Esta obra recomendada para maiores de catro anos está dirixida polo director e actor Cándido Pazó e baseada nun texto orixinal de Terry Jones.
Máis de 2.400 escolares procedentes de 40 centros de Pontevedra e zonas próximas asisten a este espectáculo que se desenvolve na illa dos Narigudos na que todo son problemas por culpa dos enormes narices dos seus habitantes. O personaxe de Bartolo é o 'escollido' para buscar unha solución na casa do home máis sabio do mundo. Non obstante, a trama complícase cando Bartolo ten a opción de cambiar o seu nariz por unha máis pequena.
Tanxarina Títeres é unha das formacións máis recoñecidas do teatro de monicreques en Galicia con máis de 20 anos de existencia. Dedícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos ao público infantil, xuvenil e familiar.
Relacionadas:
-
'A nena e o grilo no país das apertas' conquista aos escolares pontevedreses
Por Cristina Saiz |
-
Un percorrido polos grandes inventos da humanidade, a golpe de percusión
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Os 'Contos de Titiritrapo' sorprenden gratamente os escolares de Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
"Spinderella", unha Cincenta moderna e en inglés para divertir os escolares pontevedreses
Por Mónica Patxot |
-
"Nos meus zapatos", un espectáculo para escolares sobre o poder integrador da danza
Por Mónica Patxot |