As imaxes orixinais de Mafalda Milhöes xa ilustran a Biblioteca Pública
Por Mónica Patxot
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra vai ofrecendo avances da programación da edición deste ano. A Biblioteca Pública Antonio Odriozola acolle a exposición de ilustracións orixinais de Mafalda Milhöes para o álbum ilustrado 'Maruxa' de OQO Editora de Pontevedra.
Á inauguración asistiron a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro; a directora da Biblioteca, Piar Fernández e a representante de OQO, Eva Mejuto.
A Biblioteca Pública reincorpórase, desta forma, oficialmente como colaboradora á programación do Salón do Libro que comeza este venres 27 coa temática 'Da ciencia á ficción'.
A exposición poderase visitar ata o 28 de marzo no vestíbulo do edificio situado na rúa Alfonso XIII.
Relacionadas:
-
O Pazo da Cultura abre as súas portas de par en par á ciencia e á ficción
Por Mónica Patxot |
-
Os adultos tamén teñen un espazo importante na programación do Salón do Libro
Por Oskar Viéitez |
-
O Consello Superior de Investigacións Científicas participa no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Habilitada a venda anticipada de entradas para os espectáculos do Salón do Libro
Por Redacción |
-
Máis de 300 actividades nun Salón do Libro que pasa a invadir o recinto feiral
Por Natalia Puga |