Oito concertos e tres ciclos de conferencias na XXXIII edición das Rutas del Románico
Por Redacción
A Fundación Cultural Rutas do Románico presentou a programación que formará parte da XXXIII edición da súa ruta cicloturística. Desvinculada xa do ciclismo por motivos organizativos, a organización deseñou unha intensa oferta cultural que se estenderá ata o próximo mes de maio e que inclúe ata oito concertos de música clásica ou tres ciclos de conferencias.
Segundo explicou o seu presidente, José Antonio Rodríguez Mouriño, na programación mantéñense as habituais actividades da fundación con ciclos de conferencias como o dedicado a San Rafael Arnáiz Barón, patrón deste colectivo, que se celebrará os días 12 e 13 de marzo na Basílica de Santa María; ou o de arte en Galicia, que terá lugar os días 16 e 17 de abril no Sexto Edificio do Museo.
Ademais, o Museo acollerá ademais unha nova edición, a décimo sétima, do Curso Internacional sobre O Camiño de Santiago e a Arte. Será os días 7 e 8 de maio. Nel, participarán diferentes expertos nesta materia.
A música terá un papel relevante na programación desta fundación cultural. Os concertos programados son os seguintes:
- 23 de xaneiro, Teatro Principal: Concerto de frauta, clarinete e piano con Lucía Lugrís, Iván Maia Boullosa e Vladimira Smausova.
- 13 de febreiro, Igrexa de San Francisco: Coro de cámara Thalassa.
- 27 de febreiro, Teatro Principal: Concerto de violín e piano con Sergio Heredia Cegarra e Jorge Hernández Vidal.
- 6 de marzo, Teatro Principal: Concerto de violín e piano con Marta Vélez Pérez e Ana Lucía Domínguez González.
- 20 de marzo, Teatro Principal: Concerto de frauta, óboe, violoncelo e piano con Laura Yanes Marca, Diego Fortes Conde, Manuel Lorenzo Valentín e Paula Gago Otero.
- 27 de marzo, Teatro Principal: Concerto de canto e piano con Bonnie Cooper e Carmen Carreiras Pita.
- 25 de abril, Basílica de Santa María: Coro de cámara Thalassa.
- 30 de abril, Teatro Principal: Concerto de violín e piano con Sergio Heredia Cegarra e Joaquín Hucha Ucha.
- 29 de maio, Teatro Principal: Concerto de violín e guitarra con Raúl Hucha Ucha e José María Fuentes Cuesta.
Todos os concertos comezarán ás 20.30 horas.
Ademais, a fundación editou unha nova entrega da súa tradicional revista, na que se recollen numerosos traballos de investigación sobre arte e cultura. Trátase dunha publicación que, segundo Rodríguez Mouriño, é sempre moi ben recibida en toda Europa. Preto de 700 exemplares envíanse anualmente fóra das nosas fronteiras.